Acontecera em salvador de bahia. fev 2012

Acontecera em salvador de bahia. fev 2012
Durante os dias 03,04 e 05 de fevereiro de 2012 ocorrerá o nosso primeiro encontro nacional cujo tema será "EDUCAÇÃO ATRAVÉS DA CAPOEIRA ANGOLA". Serão oficinas, rodas, palestras, mostra fotográfica, dança afro e muito mais, tudo isso acontecendo em Salvador na terra da mandinga. Os diversos núcleos do Zimba se farão presentes mas o evento é aberto a todos os interessados. Além do Mestre Boca do Rio estarão presentes os Mestres Valmir damasceno, Poloca e Caboré e como palestrantes teremos o Babalorixá Gilmar de Iansã a educadora Rô Iris e Macota Valdina Pintos. A Oficina de Dança afro ficará a cargo de Marilene Rodrigues de Belo Horizonte. Confiram na programaçao do evento..

1º Encontro Nacional do Grupo de Capoeira Angola Zimba

1º Encontro Nacional do Grupo de Capoeira Angola Zimba
Salvador- Bahia 3,4 e 5 de fevereiro 2012
Loading...

Mestre Boca do Rio e Mestre Roberval - Encontro international Filhos de Angola

Mestre Boca do Rio e Mestre Laércio - Encontro international Filhos de Angola 2009

Mestre Rosalvo e Contra Mestre Gato Preto. Na viola Mestre Boca do Rio

SOBRE MESTRE BOCA DO RIO

-1983 Começou a praticar capoeira Angola no Grupo de Capoeira Angola Pelourinho (GCAP) localizado em Salvador Bahia no Forte Santo Antonio, local onde foi formado Contramestre de Capoeira Angola pelo Mestre Moraes, que foi seu Mestre junto a Cínésio Peçanha (Mestre Cobra Mansa).
-1988 Viajou a África (Nigéria) como integrante da delegação do Grupo de Capoeira Angola Pelourinho, onde representou a capoeira Angola da Bahia num congresso de cultura africana.
-1993- 1997 Deu aulas de capoeira Angola durante quatro anos para crianças em situação de risco no projeto Axé de Salvador Bahia.
-1996 Foi formado Contramestre de Capoeira Angola pelo seu grande mérito.
-1998 Fundou o Grupo de Capoeira Angola Zimba, em uma escola pública localizada no seu bairro, “PITUAÇU”. Hoje o Zimba é um dos grandes e fortes grupos de Capoeira Angola que são referência no mundo inteiro com 11 anos de existência.
-2001 -2006 A partir desse momento começou a viajar e representar a Capoeira também “pelo mundo a afora”, administrou oficinas de musicalidade, de capoeira e participou dando palestras em diferentes cidades do Brasil como São Paulo, Rio de Janeiro, Belo Horizonte, Curitiba, Florianópolis, Porto Alegre e Olinda. Foi convidado pelo Mestre Cobra Mansa a participar de oficina de capoeira Angola nos Estados Unidos (Califórnia e New York).
Participou de oficinas de Capoeira Angola em diferentes grupos e escolas primárias de países da Europa: Alemanha, Suíça, Áustria, Inglaterra.
-03 de agosto 2007 - Foi formado Mestre de capoeira pelo Mestre Cobra Mansa no grande evento chamado “Malungos, companheiros de viagem” em comemoração aos 25 anos de capoeira, junto a Mestra Janja, Mestra Paulinha e Mestre Poloca, em Salvador.
-Final 2007 Foi organizado o lº Encontro de Capoeira Angola em Buenos Aires – Argentina, sendo Boca do Rio o Mestre convidado, ministrou aulas em diferentes grupos da cidade e em outras como Rosário. Ministrou aulas e oficinas no Uruguai (Montevidéu).
-2007-2008 Fundou o Núcleo do Zimba na Espanha – Galícia.
-2008 Viajou novamente a Londres, teve encontros em varias cidades da Espanha como Madrid, Vigo, Alicante e Barcelona. Viajou difrentes cidades da França e itália onde deu aulas de capoeira para adultos e crianças.
O mestre Boca do Rio trabalhou como arte- educador de crianças e adolescentes (entre 5 e 17 anos de idade) em diferentes escolas do Brasil. Seus últimos 7 anos até 2007 trabalhou na casa Via Magia (Federação) e na O. A. F. Organização Auxilio Fraterno (na liberdade) onde também conseguiu formar uma grande orquestra de berimbaus com seus alunos.
Hoje, ele é o Mestre do grupo Zimba, o qual se encontra registrado como uma entidade cultural sem fins lucrativos. Com sede principal situada na cidade de Salvador – Bahia – Brasil, e núcleos na cidade de Porto Alegre, Curitiba e também no Japão. Sendo também, o presidente e coordenador do grupo, tendo seu trabalho reconhecido como uma das fortes referências da tradição da Capoeira Angola e seu objetivo principal no resgate das formações do capoeirista integrado às tradições da mesma.

P R O G R A M E - S E

CAPOERIA ANGOLA EM FOTOS

CAPOERIA ANGOLA EM FOTOS
A Arte revelada em BRANCO e PRETO e na COR- Todas as imagems desta exibicao e parte de um arquivo de um pouco mais de dez anos de registro. A capoeira Angola: arte revelada pela diáspora Africana no Brasil tem origem nos rituais de passagem na Äfrica que no Brasil sE transformou em arma contra a opressao. A fotografia como a Capoeira Angola é uma forma de expressao da alma. Cada imagem registrada no momento social da Capoeira qué é roda revela sinais de graca e malicia de ousadia e reverencia A fotografia como a Capoeira Angola é magia, " e nao tem comeco e nem fim" Vitoria L Aranha

segunda-feira, 13 de dezembro de 2010

Noticia do JOrnal Correo Galego de Galicia


A creatividade do respecto
04.12.2010 A Asociación Deportiva Cultural Zimba, á que pertence o mestre Boca do Rio, organiza o III Encontro Internacional de Capoeira Angola, que se vai celebrar no mes de abril en Compostela
Por : LUPE GÓMEZ

Boca do Rio imparte clases de capoeira no Centro Cultural do Ensanche, en Compostela

FOTO: ana curras

Saber escoitar, e entender, o outro. Ter as portas abertas a todas as posibilidades. Darlle unha "esquivada" á vida. Loitar, estudar e vivir "aínda que sexas pobre e negro". Son algunhas das cousas que o mestre Boca do Rio atopou na capoeira cando empezou a practicala aos doce anos en Brasil. Vive dende hai tres anos en Compostela. Imparte clases de Capoeira Angola no local social da Almáciga, na Gentalha do Pichel e no Centro Cultural do Ensanche. Nas súas viaxes por Europa e América fala de Santiago como unha cidade "super católica" e que paga a pena visitar. Asegura que deberiamos comprender, querer e "gardar" a sabedoría das persoas vellas. El é serio, educado, respectuoso. Quere promover intercambios culturais entre Brasil -coas súas cidades ruidosas- e Galicia -o país do silencio.



De onde vén o teu nome e apelido?

Cando eu estaba no Brasil, estudaba e ía todos os días a clases de capoeira pero polas necesidades da vida non puiden ir todos os días e comecei a faltar, e ía só os sábados e os domingos. O mestre dicía: "Onde estará o rapaz do barrio da Boca do Rio?". A xente empezou a chamarme polo nome do meu barrio e a min non me gustaba. Para min era un apelido moi feo. Até que me acostumei a el e hoxe non sei vivir sen ese nome. Se me chaman polo meu verdadeiro nome, que é Marcelo, xa me resulta estraño. Só a miña familia me chama Marcelo. Levo 29 anos practicando capoeira.



Como eran os lugares da túa infancia? Que significado emotivo teñen para ti?

O Barrio Boca do Rio é un barrio común e como calquera outro. Gústame porque está cerca da praia, ten río e hai moito espazo verde como en Santiago. Era un barrio moi quieto, silencioso. A miña infancia foi complicada porque eu era fillo dunha muller que estaba soa, traballou e criou seis fillos. Eu era o irmán do medio e coidei dos meus irmans menores. Miña nai ía traballar e eu facía traballo de "nai" e de estudante. Non tiña moito divertimento. Aos doce ou trece anos empecei a facer capoeira porque había compañeiros na miña rúa que tamén a facían. Eu a partir dos trece anos xa estaba traballando, axudando a criar meus irmáns e ía á praia vender cousas: xeados, cervexas, sandwichs... Non tiña tempo para correr, brincar, desfrutar da vida.



Ti sempre quixeches chegar a ser mestre de capoeira?

Cando topei coa capoeira percibín que podía facer moitas cousas, e que había xente que podía darme apoio. Os meus compañeiros e o meu mestre dicíanme que podía facer capoeira se estudaba. Estaba super emocionado e estudaba, estudaba, estudaba. Fun considerado como o mellor alumno da clase. A capoeira deume unha amplitude para ver a vida. Eu aínda non era capoeirista e os movementos parecíanme estraños, resultaba complicado pero pouco a pouco funme introducindo. Non ía para ser mestre. Ía a capoeira porque me gustaba e porque me dicían: "Ti es un cidadán e tes deberes e dereitos. A pesar de ser negro e pobre podes estudar e inserirte na sociedade." Empecei a ver a capoeira como unha cultura. Se poñía as pernas ao ar ou cantaba eu facía unha transportación ás miñas orixes e ao meu futuro. Se tiña 20 anos ,tiña que ter unha actitude de persoa de 30 anos.



A capoeira é unha rica expresión cultural que foi desenvolvida no Brasil polos africanos como loita e resistencia ao sistema escravista?

En África, no sur de Angola, existe un pobo chamado Bantu que facía un ritual de casamento, no que unha moza do pobo era ofrecida a outros mozos que facían unha danza sen nome, na que imitaban os movementos dos animais salvaxes, e o mozo que tivese mellor rendemento gañaba a man desa moza preparada para a voda. Era un ritual africano chamado "a danza das cebras" ou do "N´Golo". Coa colonización portuguesa, os africanos foron escravizados. Os colonizadores, cos seus navíos grandes, partiron para África conquistar un pobo que traballaba duro. Aprisionaron os africanos nos navíos en situacións inhumanas e algúns morreron de fame. Os que sobreviviron chegaron a Brasil e algúns deles formaron "quilombos", grupos de persoas para protestar, e esa danza de África utilizouse como arte marcial para defenderse contra o opresor.



Que importancia ten a música na capoeira? Serve como acompañamento e creadora de ambiente? Que é o berimbau?

O berimbau é un instrumento feito de madeira flexible, un arame sacado das rodas dos coches e cunha cabaza aberta xa sacamos un son. En toda roda de capoeira empréganse 8 instrumentos: tres berimbaus, dous pandeiros, un agogo, un reco-reco e un atabaque. Vén a primeira improvisación musical que é un lamento, unha ladaíña e despois vén a resposta, e vén o corrido. A música ten unha importancia fundamental porque incentiva a xente para que solte o seu corpo e se transporte e deixe de lado os problemas que ten na sociedade. Escóitase ese lamento e faise un baile, que ten funcións na mente e no corpo. A Capoeira Angola non se restrinxe a estar nunha roda competitiva para ver quen é máis forte, senón que estás en busca dun entendemento, e competir non importa.



A Capoeira Angola é un diálogo corporal de preguntas e respostas a través da improvisación dos xogadores?

É unha conversa corporal e eu teño que ter a atención en ti e dende o momento en que eu fago unha pregunta teño que ir até o final. Non hai cortes de conversa. Estás moi exposto á xente e parece que todo está combinado pero non é así. É como un xogo de xadrez e as pezas están super marcadas, pero non hai intención de causar dano. Ti fas unha pregunta e o outro faiche unha resposta. Ás veces é unha conversa rápida e baseada na musicalidade. Hai que practicar, convivir e entender a filosofía da capoeira angola.



Como é esa filosofía de vida que tedes os que practicades capoeira?

A Capoeira Angola non é só poñer as pernas para arriba. Importa estudar a capoeira nun sentido filosófico, científico e cultural. Que mentalidade teñen eses mozos que fan capoeira? É unha arte que está aí dende hai moito tempo e quere preservar uns valores éticos, culturais. Estar discutindo capoeira é unha forma de ir pouco a pouco coñecendo a riqueza desa arte. Os mozos hoxe non respectan pais, nais, xente máis vella. Iso é o que eu vía en Francia, Suecia, Italia, Noruega, Estados Unidos...facendo pesquisas entre os mozos e os seus comportamentos. As persoas vellas de Europa non teñen un valor rico como en Brasil. Para os brasileiros, as persoas vellas teñen uns coñecementos e unha sabedoría que nós respectamos e gardamos. A capoeira é ver o outro, valorar o outro, estar dentro da roda e mirar de fronte, e sacar a vergoña de expresarse corporalmente.



Cando viñeches vivir a Galicia como te acolleu esta terra, esta xente?

Vin para Galicia grazas á miña compañeira, que tiña amigos aquí e no primeiro momento os galegos, sendo o pobo que máis emigrou para outros países, mostraban medo cando nós queriamos alugar un piso e cerrábannos as portas. Ao principio foi complicado. Hai xente que nunca sae de Santiago e aquí hai poucos inmigrantes de cor. Pero penso que Santiago é un sitio bo, con xente tranquila e préstase para os intercambios culturais e para facer cousas. Santiago é o sitio adecuado para nós vivir. Salvador de Bahía é moi grande, con moito barullo e cando cheguei a Santiago foi un cambio total. Escoitas unha música altísima en Brasil e de repente chegas a Santiago e non escoitas nada. Foi como un shock. Agora encántame o silencio que hai en Santiago e creo que non habería mellor lugar para vivir.



Como naceu o grupo Zimba de Capoeira Angola?

Viaxei por Brasil e en Salvador de Bahía empecei a dar clases. Eramos oito persoas e queriamos poñerlle un nome ao noso grupo para crear unha identidade. Pensamos en varios nomes. Eu tiven un soño. Soñei que eu sería Zimba e puxemos ese nome. Fun a unha tenda de libros sobre culturas e atopei o significado de Zimba: "Deus Supremo dos Cultos Bantus das Divindades Olorun". Quere dicir que a persoa que traballa é seria e traballa moito. Empezamos a dar clases no grupo Zimba e estudar capoeira.



Para ti é importante desenvolver a creatividade, o equilibrio emocional e a afectividade? Ti es unha persoa moi creativa?

Se es creativo estás aberto ás posibilidades que veñen a ti e se non es creativo tes as portas da túa vida e da túa casa cerradas. A creatividade é unha expresión natural. Se es creativo sempre vas ser máis feliz, cunha abertura para facer moitas outras cousas. Se eu non fose creativo non faría capoeira e non vería a vida como un desafío. Tento superar os obstáculos dándolle unha "esquivada" á vida. Creo nunha creatividade do diálogo e do sorriso. A través da capoeira sinto que as portas da miña vida están abertas.

sexta-feira, 2 de abril de 2010